¡Resistindo ó invasor! Vivir no Concello de Narón...

Veciños do Concello de Narón denuncian a ocupación ilegal do camiño público de O Vilar na parroquia de O Val pertencente Concello de Narón.
Vecinos del concello de Narón denuncian la ocupación ilegal del camino público de O Vilar en la parroquia de O Val perteneciente al Concello de Narón.

Sunday, April 02, 2006

Marbellas Galegas: Concello de Narón

Galego:

O recente caso de Marbella destapa a caixa dos tronos sobre a situación de corrupción, desfachatez e impunidade na política local dos concellos ó longo de toda España. Cando alguén escoita esta noticia ten lugar o máis estremecedor do caso: que a ninguén lle extraña.

A calquera persoa que lle preguntes te dirá que eso é normal, que tiñan que ir ó seu concello de residencia ou un que esté ó lado e facer limpeza tamén, que tódolos políticos son iguais, que todos rouban, as comisións do 20% e que non se pode facer nada.

Estes serían os comentarios típicos que che faría calquera persoa residente hoxe en día en España. Unha maneira de pensar extensible á totalidade da poboación española. Un pensamento de que non se pode facer nada inculcado socialmente dende a máis tenra infancia para medrar e ser parte desta sociedade. Normalizamos unha situación que é completamente intolerable.

O seguinte comentario que che fai alguén con que fales sobre este tema é que agora haberá que ver que ocorre realmente, é dicir,como remata a cousa. Que o xuízo será de coña, que se botarán a culpa uns ós outros e non pasará nada, que ningún rematará na cadea nin recibirá xusto castigo polos seus delitos.

Eu resido no Concello de Narón e o caso de Marbella non me extraña. Deberían investigarse tódolos concellos con lupa, pero daría igual porque neste país nunca vai pasar nada.

Esto último é mentira, nunca vai pasar nada se ninguén nunca fai nada. Se se pelexa si. Ogallá que si.