Marbellas Galegas: Concello de Narón
Galego:
O recente caso de Marbella destapa a caixa dos tronos sobre a situación de corrupción, desfachatez e impunidade na política local dos concellos ó longo de toda España. Cando alguén escoita esta noticia ten lugar o máis estremecedor do caso: que a ninguén lle extraña.
A calquera persoa que lle preguntes te dirá que eso é normal, que tiñan que ir ó seu concello de residencia ou un que esté ó lado e facer limpeza tamén, que tódolos políticos son iguais, que todos rouban, as comisións do 20% e que non se pode facer nada.
Estes serían os comentarios típicos que che faría calquera persoa residente hoxe en día en España. Unha maneira de pensar extensible á totalidade da poboación española. Un pensamento de que non se pode facer nada inculcado socialmente dende a máis tenra infancia para medrar e ser parte desta sociedade. Normalizamos unha situación que é completamente intolerable.
O seguinte comentario que che fai alguén con que fales sobre este tema é que agora haberá que ver que ocorre realmente, é dicir,como remata a cousa. Que o xuízo será de coña, que se botarán a culpa uns ós outros e non pasará nada, que ningún rematará na cadea nin recibirá xusto castigo polos seus delitos.
Eu resido no Concello de Narón e o caso de Marbella non me extraña. Deberían investigarse tódolos concellos con lupa, pero daría igual porque neste país nunca vai pasar nada.
Esto último é mentira, nunca vai pasar nada se ninguén nunca fai nada. Se se pelexa si. Ogallá que si.